Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

lunes, 6 de marzo de 2017

XOSÉ IGLESIAS, O POETA DO MAR

Que sorte que faga mal tempo!!


Pola emoción coa que nos falou Xosé Iglesias da súa vida de mariñeiro desde os 9 anos en Cee, e a paixón por todo o que ten que ver co mar (tamén constrúe maquetas de barcos e acaba de publicar un poemario: "A relixión do mar") sabemos que lle amarga ben quedar en terra. Pero grazas ó mal tempo que había hoxe no mar puidemos telo connosco.
E se ben non pescou no mar, sí que conseguiu que todos caesemos na súa rede. Porque nos puxo un cebo moi apetitoso. A todos nos leva idea o mar, a praia, o peixe e o marisco... pero non imaxinabamos que o mar pode ser fluorescente cando hai mar de ardora; e non  sabiamos que hai tiburóns peregrinos de tres e catro metros moi pertiño de Riazor (sen dentes, ollo!), e tartarugas enormes perto da torre de Hércules, e golfiños en Santa Cristina...

Nun barco de 9 metros anda de luns a venres a procurar o seu sustento pescando para nós. Pesca xarda, salmonete, polbo, abadexo, rape, centola, sardiña..... e coñeceu o mar de Rockall, perto de Irlanda, para caer na conta de que o seu mar é este, o mar de María Antonia. Se o vedes por aí, a faenar no "Primeiro Villar", saudádeo, que estará encantado de responder coa súa buguina.
Aquí o tedes en acción, recitando un dos seus poemas.
Medre o mar!


viernes, 3 de marzo de 2017