Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 9 de febrero de 2017

FESTIVAL XUNTARTE


O venres 27 de xaneiro, vari@s nen@s que coñezo ben, foron a Culleredo a unha xuntanza moi artística. Bailaron e cantaron con sete coles máis da Coruña, no IES Universidade Laboral.
Aproveitei para coarme alí, e reunirme cos meus colegas ratos, e gravamos en segredo un vídeo da súa actuación, que aquí vos agasaiamos.
Está tal como saiu, con tódolos "accidentes" que ocurriron durante a representación, para que vexades que airosos saíron os rapaces do Cornide desas dificultades. É que cando hai táboas...


lunes, 6 de febrero de 2017

UNHA CLASE "COLLIDA CON PALILLOS".

Xa que entramos no novo ano chinés, o ano do galo, decidimos achegarnos un pouco a esa cultura milenaria.
 Susana aceptou ensinarnos como comen na súa casa e deunos unha lección cos pauciños chineses.
Resultou máis complicado do que parecía, a algún pícaro  poucos gusanitos conseguíu pillar.
Esperemos que na proxima lección encheremos un pouco máis o bandullo.
Aquí vos deixo un tebeo que relata o que  aconteceu ese día.
Ata a próxima lección.


  

miércoles, 1 de febrero de 2017

NOVO ANO CHINÉS E DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da PAZ no noso colexio, escollemos un conto chinés que fala do nacemento do dragón, como símbolo da paz na cultura china, e así conmemorar tamén o ano do galo que comeza.


Marisol leu o conto, que temos na biblioteca escrito en galego e en chino. As ilustración vímolas na pantalla e son espectaculares.


Despois, os cativos de 5º e 6º, cantaron con percusión de pauciños chinos  "Soio con tres letras".


Quedamos todos contentos e con moitas gañas de que o mundo sexa dunha vez un lugar en paz.