Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

lunes, 29 de abril de 2013

ÉRASE UNHA VEZ... O DÍA DO LIBRO NO COLEXIO



No día do libro, decidimos lembrar os comezos dos nosos libros.
 Un neno de cada nivel escolleu o seu libro favorito e leu para todos o primeiro parágrafo. Así todos quedamos coas gañas de continuar coa lectura.
Tamén proxectamos e lemos na pantalla, algúns dos comezos máis famosos da literatura universal.


De remate, catro nenos leron para todos unha poesía de Gloria Fuertes adicada ao libro chamada "Don Libro está helado".

A SANTIAGO FOMOS... E VIÑEMOS PREMIADOS!


 Eu estiven alí!!
 Fun con eles de incógnito no tren,e ao chegar a Santiago, mestureime cun fato de peregrinos que por alí andaban. E coleime no instituto Rosalía de Castro, para ver as impresionantes actuacións de todos os nenos que participaron no concurso.

O tren que me leva....
En plena actuación...
Facendo turismo na Alameda...
Foi un día estupendo, no que vin aos nenos disfrutar e portarse de marabilla en todos os lugares nos que estiveron: no instituto, no parque, na catedral... As profesoras quedaron encantadas co resultado desta xornada.
Parabéns tamén para os estupendos artistas do colexio Fogar de Carballo, que ben merecidamente gañaron o primeiro premio co conto "Paco Papán"
 So me queda felicitar aos nenos, e animar a todos os que leades isto a que mandedes os vosos comentarios sobre esta grande proeza.

jueves, 18 de abril de 2013

VISITA A BONILLA, QUE MARABILLA!

O luns pasado, os cativos de infantil e 1º ciclo fixeron unha excursión moi saborosa. Como vedes nas fotos, foron á fábrica de patacas fritas "Bonilla". Alí aprenderon todo o proceso industrial da elaboración das patacas fritas.
unha máquina as lava e as pela

outra as corta en rodelas


pasan a unha fritidora moi longa
outra máquina as empaqueta nas bolsas
De remate, cada neno levou de regalo patacas fritas e gusanitos, que, como di a canción:
no recreo comeron
 e a min non me deron
 porque non quixeron

lunes, 15 de abril de 2013

XOGO DE SOMBRAS

A semana pasada, os nenos de 1ºciclo fixeron unha visita moi divertida aos nosos veciños do Museo de Arte Contemporáneo (M.a.c). O primeiro foi coñecer unhas esculturas de madeira de artistas galegos, que nos deron moito que pensar, discurrir, imaxinar... como todas as boas obras de arte.
Despois, vimos tamen outro tipo de arte,  feito con proxeccións na parede, da que os nenos podían formar parte coas sombras dos seus corpos.

  E aproveitamos para facer nós o noso xogo de sombras.
 Os nenos, nenas e profesoras fixemos dous equipos, e turnámonos para facer de público e de intérpretes. Traballamos con siluetas recortadas en cartón e manexámolas cuns pauciños. E narramos con sombras, a historia dos salmóns cando volven ao río onde naceron e todos os perigos aos que se enfrontan.
Se queredes ver moitas actividades incribles que se fan con sombras, picade aquí.