Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

lunes, 26 de noviembre de 2012

ESCOLMA DE POEMAS PARA VESTIRSE

A min gústame moito a poesía. E ademáis sei moitos poemas.
 Sei poemas de animais, poemas do mar, poemas de amor, poemas de tristuras, poemas de burlas..., pois aquí tedes unha escolma de poemas para vestirnos.

 Hai folcklore infantil, adiviñas,  cancións populares e poemas de grandes escritores como Alberti,Neruda, Manuel María, Gloria Fuertes, Robert Louis Stevenson, Mª Elena Walsh, Gloria Sánchez, Antón Cortizas, Mª Cristina Ramos, Ana Mª Fernández, Álvaro Cunqueiro...

 ¿Seredes quen de aprendervos algún?
Mirade neste caixon de xastre e escollede.

jueves, 22 de noviembre de 2012

EXPOSICIÓN


Coa colaboración de pais, nais,amigos e os nenos e nenas do colexio, xuntamos traxes, utensilios, patróns e outros obxectos que se relacionan co mundo do traxe.

Quedounos unha exposición moi lucida, onde podemos ver desde unha coroza ,ata unha máquina de coser SINGER de principios do século pasado.

                                                                                                                                Tamén temos un traxe tradicional de muller galega, un costureiro

 tesoiras de xastre, o ripo de cardar a la,
 alfineteiros e un cestiño cun  labor de calceta.
Así que tedes unha fermosa exposición, e o noso cole transformouse nun museo do vestido, para aprender e disfrutar moito máis deste proxecto de traballo.

lunes, 19 de noviembre de 2012

HISTORIA DO VESTIDO

Andiven pescudando información sobre como foi o vestido a través dos tempos, e aquí tedes o resultado do meu traballo:
 Cos meus amigos, os ratos de biblioteca, xuntei todos estes libros que tedes na entrada do cole.
 Cos meus amigos os ratos de ordenador, busquei estes vídeos que ilustran este tema:




 E máis esta páxina en internet que da moitísimos detalles da roupa en cada época da historia.
Espero que vos gusten.

jueves, 8 de noviembre de 2012

MEDO!!!

O Samaín vaise achegando, e a actividade no cole é frenética. Todo o mundo está mans á obra, facendo cabazas monstruosas.

E as cabazas baleiras tomaron vida no escenario...

Todos entraron para pasar unha sesión de medo, coa música tenebrosa e coas imaxes arrepiantes...

Pero non tiveron medo, porque... para monstruos....

miércoles, 7 de noviembre de 2012

CON ZAPATO BAIXO...

Estes días ,cavilando na miña casiña, agora que ven o frío,decateime do importante que é ter unha boa roupa. E que pode ser moi interesante coñecer algo máis do mundo do vestido, a súa historia, cómo se fai a roupa, cómo se visten nos distintos lugares do mundo, os traxes nas distintas épocas da humanidade...

E isto é o que vos propoño como tema de investigación, para que traballedes e coñezades moitas cousas desta faceta tan importante nas nosas vidas.
Así que collín os caderniños, metínos na caixa dos regalos, e as profes Ana e Marisol explicaron aos nenos o meu proxecto. Xa estamos en marcha, espero que estes nenos vistan moi ben o caderniño co seu traballo e a súa imaxinación, adiante pois!!!