Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

lunes, 15 de octubre de 2012

GRÜFFELO, GRUFFALO, GRÚFALO


Hoxe, día 11 de outubro, fixemoslle a despedida a Sara, a nosa estudante italo-alemana, que estivo connosco durante este mes.  Ela fíxonos un regalo: o libro DER GRÜFELO . Así que o noso conto de hoxe foi en alemán, inglés e castelán. Sara, e as profes Asun e Ana leron a historia deste personaxe famoso por ser feo, aterrador e máis inofensivo que un pequeno ratiño.
Aproveito para saudar á miña amiga Sara Buedo (que me escribe con frecuencia neste blog) e aos seus compañeiros que,  hai tempo, fixeron unha representación do Grúffalo memorable. A todos eles dicirlles que teñan moi boa sorte na nova etapa do instituto e que este sempre será o seu colexio.

lunes, 8 de octubre de 2012

DE MOCHILAS E TOUPIÑAS

O venres 5 de outubro, os nenos de infantil recibiron un regalo meu, para que leven con moito cuidadiño, os libros que escollen na biblio. Son unhas mochilas azuis co seu nome, para ir cargadas de palabras, contos, poemas e cancións que as súas familias lles van descubrir.

Despois, aproveitando que a nosa amiga Sara, que sabe moitos idiomas, está pasando uns días connosco, fixemos unha lectura especial dun dos contos que máis nos gusta. Trátase dunha toupiña que quería saber quen lle fixera "aquilo" na cabeza.
Sara, en italiano, e a profe Ana en galego, léronos o conto e todos puidemos descubrir que cada idioma ten a súa propia música.


BULE BULE NA ESCOLA

Xa sabedes que por aquí ando, silandeiro, invisible, agochado sempre por entre as fendechas das paredes. Pero non deixo nunca de espiar e marabillarme do moito que queren aprender e investigar estes nenos, desde os cativicos ata os grandechos.
                                                                                                                                                                                      
As terras e os mares do noso mundo

         
Facendo a escolla dos libros
1º ciclo en Vioño camiño da biblioteca
Os de 1º ciclo fixeron a súa primeira saída mensual á biblioteca da Sagrada Familia para coller libros e disfrutalos na hora de ler.
Os de 2º ciclo están estudando os ósos do noso axudante Faustino e os músculos coa colaboración de Lois.

 Xa seguirei informando de todo o que vaia acontecendo neste cole tan dinámico. Ata a próxima, compañeiros.

DORES TEMBRÁS E O PEIZOQUE ROQUE

Como sabedes, eu, o Rato, teño un bo amigo que colabora comigo neste blog, o trasno Mateus. Foi grazas á súa amizade coa escritora e poeta Dores Tembrás polo que ela veu o xoves ao cole para presentarnos ao peizoque Roque.

               
 O peizoque pescuda palabras polo bosque, palabras con sabores, que recenden, iluminan, abrigan... palabras que nos fixeron pasar un rato máxico por mor da nosa nova amiga.
 Dores ten o seu blog, e ela tamén escribiu da súa visita ao cole, quedou abraiada e contentísima de coñecer estes nenos.Aquí vos deixo o enlace para pinchar e ver o que nos conta desde o seu blog.