Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 24 de abril de 2012

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Celebrámolo falando de libros.Os maiores da súa historia, dende os primeiros materiais: papiros, taboiñas con cera... ata os libros electrónicos actuais.Os medianos leron un poema de Gloria Fuertes, e  explicáronnos por qué se celebra este día. E os pequenos contáronnos, en forma de poemiñas, todas as cousas que lles fan sentir os libros.

lunes, 16 de abril de 2012

OS XOGOS OLÍMPICOS DE NINGURES

Este é un libro duns xogos olímpicos  que pasarán á historia por ser os máis estrambóticos e divertidos... O corredor que era moi respectuoso cos sinais de tráfico, a saltadora que tiña a pértega de vara de castiñeiro, e o ciclista comellón...



                                                                                                                            Está escrito e ilustrado polos nosos amigos Pinto e Chinto, que xa nos divertiran moito coas súas "Minimaladas".

O venres 13 de abril, a profe Ana subíu ao escenario para presentárnolo,  e Jose debuxou un cartel anunciador que marabillou a todos os asistentes.

OS NOSOS LIBROS PARA UNHA LECTURA OLÍMPICA

 Como ben sabedes, o tema que imos  traballar no cole este trimestre é As Olimpiadas. Na biblio xa estou máns á obra, e vos deixo unha serie de libros para que todos poidades consultar e disfrutar olímpicamente.