Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

miércoles, 29 de febrero de 2012

OLÍMPICO ENTROIDO

Sardiñeira 2012. Os nosos atletas desfilaron pola rúa ata a estación do tren, ondeando as bandeiras dos continentes aos que representaban.

video

Animádevos coa presentación e cantade o apropósito, é moi fácil.




lunes, 6 de febrero de 2012

UN CONTO CHINO



O venres 3 de febreiro celebramos o ano novo chinés ao grande:
Escoitamos unha lenda na que se fala dos animais que forman o horóscopo chino, e especialmente a historia do nacemento do dragón (龙 ), porque este é o seu ano.


Os ratos de biblioteca temos familia por todo o mundo, así que un primo meu que vive na China, conseguíunos unha contadora de contos daquel país, 吴桂凤, que coas nosas letras escríbese
 Wu GuiFeng


Marisol e 吴桂凤 léronnos en chino e en galego mentres víamos as fermosas ilustración que acompañan o texto.
非常感谢 (moitas grazas)






OLÍMPICAMENTE...OLÍMPICA...MENTE...UNHA MENTE OLÍMPICA.

Nesta escola facemos as cousas olímpicamente. Non pasando, senon traballando, investigando, aprendendo... Así que vos propoño conseguir a medalla olímpica do coñecemento. Aquí tedes un proxecto que vos fará sentir coma os antigos gregos e disfrutaredes do que significa o espirito olímpico, e, por suposto e coma sempre O IMPORTANTE É PARTICIPAR.

Lede con atención o que aquí vos deixo:


miércoles, 1 de febrero de 2012