Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

miércoles, 7 de noviembre de 2012

CON ZAPATO BAIXO...

Estes días ,cavilando na miña casiña, agora que ven o frío,decateime do importante que é ter unha boa roupa. E que pode ser moi interesante coñecer algo máis do mundo do vestido, a súa historia, cómo se fai a roupa, cómo se visten nos distintos lugares do mundo, os traxes nas distintas épocas da humanidade...

E isto é o que vos propoño como tema de investigación, para que traballedes e coñezades moitas cousas desta faceta tan importante nas nosas vidas.
Así que collín os caderniños, metínos na caixa dos regalos, e as profes Ana e Marisol explicaron aos nenos o meu proxecto. Xa estamos en marcha, espero que estes nenos vistan moi ben o caderniño co seu traballo e a súa imaxinación, adiante pois!!!

2 comentarios:

Sara Buedo dijo...

Así que o tema deste ano é a roupa.
¡Que celos me dais!¡Encantame moito a roupa!Pero eu os seguirei dende o instituto.E os demais compañeiros tamén,ou non?
Ata pronto!

Milena 3 dijo...

Gustame moito o novo tema,e moi divertido.