Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

viernes, 21 de enero de 2011

Completamos o documental.

Hoxe déixovos aquí os dous videos que faltan para completar o documental sobre bosques estacionais.
ÉSTE fala de bosques caducifolios e ESTOUTRO lévanos ao remate.


Deixo tamén estas imaxes do que anda a suceder no bosque do vestíbulo, que medra e vaise enchendo... mesmo con algún personaxe perigoso que se agocha tras a planta (Loreto tiña razón no seu comentario)
Claro que, se vos fixades ben, podedes descubrir algún outro ben simpático... como o Gruffalo!



martes, 18 de enero de 2011

Sodes bos adiviños!!

Vexo que non precisades máis pistas.
Aínda así... mirade o que fixen esta noite no vestíbulo do colexio!!

Hoxe déixovos estas imaxes... e un novo capítulo do documental sobre bosques do mundo.





viernes, 14 de enero de 2011

Comezamos outro proxecto.


Xa vos advertín que ando a roer nun novo tema!

Hoxe déixovos este vídeo e máis este outro, como agasallo... e pista.

Sabedes xa sobre que imos aprender?

miércoles, 12 de enero de 2011

GRAZAS polos contos.

No primeiro trimestre contaron para as nenas e nenos de Infantil varias mamás, papás...e mesmo algunha tía!

A todos, MOITAS GRAZAS.





martes, 11 de enero de 2011

No día da Festa.

Antes de comezar cun novo tema de traballo (no que xa ando a roer) toca poñer fin ao anterior.
Velaí quedan unhas imaxes que recollen distintos momentos da festa das familias que celebramos en decembro, como remate do proxecto Con ás de paxaro.