Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

lunes, 25 de enero de 2010

Este era un gaiteiro...

Este era un gaiteiro
que iba polo monte...
ti queres que cho conte?


O venres a nosa Hora do conto convertiuse nunha oportunidade para coñecermos a Dubi, profesor na Escola municipal de música, saxofonista... e gaiteiro!!

Ramiro, o pai de Alba, é amigo de Dubi e foi quen se ocupou de traérnolo. Dubi amosounos unha gaita antiga; montou outra, peza a peza, diante de nós; tocou unha Alborada, unha Foliada e unha Muiñeira... e mesmo deunos a oportunidade de soprar a algúns.

Moitas GRAZAS, Dubi e Ramiro, por tan grato e valioso encontro.







martes, 19 de enero de 2010

lunes, 18 de enero de 2010

Algúns libros sobre o corpo humano.

Velaí algúns dos libros que máis nos axudaron a aprendermos sobre o noso corpo no pasado trimestre.
Calquera deles parécenos moi recomendábel por motivos diferentes: o rigor e claridade dos textos nuns casos, o valor informativo das estupendas ilustracións noutros, o feito de ser tridimensionais... ou, como no caso do último, pola súa orixinalidade e exquisitez que fan del unha mestura de libro informativo e álbum ilustrado.







martes, 12 de enero de 2010

Nais e pais contadores.

Velaí unhas imaxes que recollen ás mamás e papás dos máis pequechos, que xa se foron animando a ler no Trono no trimestre pasado.
A todos, moitas GRAZAS.