Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 18 de marzo de 2010

Texto colectivo.


Hai unhas semanas Mateus comezou cunha proposta de texto colectivo sobre casa con portas e chaves.
velaí o resultado tras as diversas aportacións:

Era unha vez un país ben lonxe, onde vivían dúas nenas nunha casa chea de segredos.

Os segredos vivían agchados detrás de tres portas: Había unha porta grande, outra mediana e unha portiña pequena, para os segrediños. A porta pequena tiña a fechadura xa moi desgastada, porque segrediños hai moitos na vida.

Ningunha das nenas abrirá nunca a porta grande, a dos grandes segredos.Aquel día as nenas atoparon na eira, baixo o cabazo, unha chave grande, moi grande, que semellaba corresponder coa fechadura da porta dos segredos grandes.
Correron ata a casa e subiron ao faiado, onde estaban as tres portas. Carmiña, a maior das dúas, meteu a chave no furado e...

O pai das nenas estaba aterrado!!Tiña moitos segredos pero non sabía en quen confiar.Entón abriron a porta e todo o viron os segredos: Un era unha caixiña que tiña unha chave pequeniña, é entón comprobaron todos que as chaves, fose cal fose o seu tamaño, servían todas para abriren todas as portas: a pequena, a mediana e a grande.

Foi nese momento, despois de se ollaren as nenas, cando se percataron de que as chaves que se usan con toda a forza dos soños e a intelixencia entran en todas as portas, e no las abren para sempre.