luns, 20 de decembro de 2010

Veciños alados.

Hoxe tivemos aquí a Antón.
El, que tamén é do barrio e pertence ao grupo Habitat, ensinounos a ollar con xeito e descubrir aos nosos veciños alados.
Preparou unha presentación fermosa e axeitada para nós, que nos gustou moitísimo.
GRAZAS, ANTÓN!!




venres, 17 de decembro de 2010

mércores, 15 de decembro de 2010

luns, 13 de decembro de 2010

Poemas para adiviñar (5)

Dez letras ten
o nome deste paxaro.
Le e mira, mira e le
e serás quen de atopalo.

xoves, 9 de decembro de 2010

Voando...coa imaxinación.

Nunha alfombra voadora, a bordo dun montgolfier, convertidos en Mary Poppins...
O cortizo estase enchendo de mil xeitos de voarmos...coa imaxinación!!




xoves, 2 de decembro de 2010

Poemas para adiviñar (4)

Sete letras ten
o nome deste paxaro.
le e mira, mira e le
e saberás atopalo.

martes, 30 de novembro de 2010

Poemas para adiviñar (3)

Oito letras ten
o nome deste paxaro.
Mira e le, le e mira
e serás quen de adiviñalo.

xoves, 25 de novembro de 2010

Poemas para adiviñar (2)

Catro letras ten
o nome deste paxaro.
le e mira, mira e le
e saberás atopalo.

martes, 23 de novembro de 2010

Poemas para adiviñar (1)

Cinco letras ten
o nome deste paxaro.
Le e mira, mira e le
e saberás atopalo!

luns, 22 de novembro de 2010

Breve historia da aeronáutica.

O venres, ademais de achegarnos ás figuras de Loriga e Piñeiro, o Rato deixou para cada un de nós na Biblio, outro caderniño.
É como un álbum de cromos, aos que debemos poñerlles pés de imaxe.
Seica os dous aviadores galegos, que semellan quedar fóra del, acabarán tendo un protagonismo especial neste libriñio, pero debemos traballar nel primeiro, para recibirmos a sorpresa.
Hoxe amosámosvos as súas páxinas, tal e como nolas entregou o Rato.












venres, 19 de novembro de 2010

Galegos na historia da aeronáutica.

Ademais de aprender sobre aves, tamén estamos a facelo sobre historia da aeronáutica.
Hoxe comezo por vos amosar dous retratos.
Corresponden a José Piñeiro e Joaquín Loriga.

O primeiro voou en 1913 e convertiuse no primeiro piloto acrobático de España.

Loriga realizou en 1926, nada menos que a travesía Manila- Madrid.

Que vos parece??


mércores, 17 de novembro de 2010

De castañas e vento.

No magosto do venres pasado mesturamos castañas con xoguetes voadores.
Aínda que a destreza non era moita, o vento colaborou... e as castañas estaban riquísimas!






martes, 16 de novembro de 2010

Mateus propón un xogo.


Meus benqueridos amigos:
O Rato leva contándome desde hai semanas que está impresionado por todo o que estades aprendendo, e contoume tamén das aves e paxaros que andan poboando a vosa imaxinación, como nos pasa a todos os que os admiramos pola súa arte e sabedoría voadora.

E, penso eu, que vos parece se nos contamos todos como faríamos nós, os que andamos por terra e só somos capaces de dar uns saltos ben pequenos, para voar? Así, ao mellor ainda sacamos unhas boas ideas, ou, como mínimo, pasaremos un bon momento dándolle á cabeciña...

Mirade
,
eu faría un traxe con todos os meus mellores recordos: iría meténdoos en cada peza de roupa, con delicadeza para que non se perdan e poidan conservarse coa súa beleza intacta. Despois diso, poríao por riba, e comezaría a pensar en todo o que sentín en cada un deses momentos, respiraría profunda e tranquilamente, e, nese momento, cando non soubese se as miñas pernas están sobre a terra ou dando voltas polas lembranzas maravilladas, sería cando iniciase unha carreira cara o horizonte, sen nada máis que as gañas de voar e estar cos meus mellores amigos…

E vós, como faríades?

Debuxando paxaros

O xoves pasado compartimos unha sesión de arte, nesta ocasión dedicada ao debuxo.
Tentando imitar os fermosos cadernos de campo, saímos ao vestíbulo dispostos a aprender unha técnica para debuxar paxaros.
Agora estamos a colorear... con lapis de cores, por suposto.



luns, 8 de novembro de 2010

Somos quen de VOAR!

O venres pasado saín do meu burato para contemplar un espectáculo marabilloso.

No escenario, unha alfombra máxica.
Sobre ela, grupos de nenas e nenos que...conseguiron VOAR!!










Como facelo? É doado:
Pechando os ollos, acendendo a imaxinación... e cun pouquiño de axuda eléctrica e manual!



xoves, 4 de novembro de 2010

Aves de conto.

O mesmo que fixeramos hai uns días cos libros divulgativos sobre paxaros, presentamos hoxe unha selección de aves de conto.

Son libros de ficción que viven nos andeis da nosa Biblio e que estamos a ler nestas semanas. No caso dos libros de poesía... hai tantos neste proxecto, que mellor facer unha escolma só con eles!

xoves, 28 de outubro de 2010

De cabazas, medo e paxaros.

Quedan aquí algunhas imaxes que vin hoxe na escola, cando deixei o meu Burato da Biblio, para estarricar os bigotes.

Atopei o vestíbulo cheo de vida:
. No escenario, paxaros de mil formas e materiais, que foron chegando das casas.

. Nunha mesa, cabazas propias da época, enchéndose de plumas, peteiros, mesmo de paxaros enteiros.

. Ao pé dela, libros que están a ser lidos nas aulas, de Infantil aos maiores. Historias que falan do medo... ou que dá medo escoitar: Un pesadelo no meu armario, O Papón, Barbazul, Cando petan na porta pola noite...

E mañán, en vísperas de Difuntos... Qué pasará?


martes, 26 de outubro de 2010

Na hora do conto, o venres pasado.


Aí os tedes!

Cando tiñan seis anos, recibiron de mans dos seus daquela compañeiros maiores, un libro xigante (feito como actividade plástica)a partir do de Doumerc e Barnes.Eles usárono para contar no escenario e despois, gardámolo na Biblio.Estabamos traballando cun proxecto arredor das cores e Federico era un personaxe axeitado para o tema.

Agora, cando son eles os maiores, cóntano de novo. Federico é outra vez un personaxe axeitado para o tema das aves e foi o conto compartido do venres pasado.

Contadores e público estiveron encantados!(... e eu tamén)