Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

viernes, 30 de octubre de 2009

Mi hermanito de la luna.

Hai uns días deixeivos aquí un enlace para que vos achegárades a Clecla...(deliciosa Clecla!).

Hoxe quero deixarvos outro moi, moi especial:

Mi hermanito de la luna amósanos o autismo desde a percepción dunha nena que o vive no su fogar.
Ademais dun contido marabilloso, este video é unha xoia da animación, algo moi diferente e especial. Disfrutádeo coa vista, o oído... e o corazón!
Picade AQUÍ.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Outra lección maxistral.

Hoxe tivemos no colexio a Isa, a nai de Andreia, que é enfermeira na UCI.
Exlicounos moitas cosas sobre o corazón e os seus coidados. Tamén sobre virus e bacterias.
Pequenos e grandes escoitamos usando o fonendoscopio.
Gustounos moito. GRAZAS, Isa!






martes, 27 de octubre de 2009

Unha adiviña.



Amigas e amigos:
Vexo que andades investigando sobre o corpo humano, esa fascinante casa en que todos habitamos. Na vosa aventura déixovos esta adiviña, a ver se sabedes de que se trata…

Moitos irmáns,
xuntiños todos,
cando un deles come,
comen os outros.

¿Que será?

Temos un corpo moi humano.

Dentro do proxecto Xentes como folerpas, andamos todos no colexio a estudar o corpo humano.

O noso Rato preparou un libriño no que podemos reflectir parte do que imos aprendendo e que titulou Teño un corpo moi humano (será mentireiro!!!)

Aquí deixamos unhas imaxes que amosan a portada dese libro e tamén a visita que o venres pasado fixemos á Domus.









jueves, 22 de octubre de 2009

Carta do Mateus.


Amigas e amigos:
Neste inicio do Outono, o Rato e eu queremos facervos pensar e sentir un pouco, así que vos deixamos estes dous poemas curtos que chegaron á biblioteca do Bosque non hai moito, para que digades que vos parece que poden querer dicir (ainda que vos adianto que poden expresar varias cousas ao mesmo tempo). Por certo, tamén vós, profesor@s, nais e pais, e ti, que pasas agora por este blog, podedes dar o voso parecer.

O primeiro é un haiku, unha pequena e fermosa composición xaponesa, de só tres versos, cunha longa tradición nese país. Este foi escrito por Issa Kobayashi, e di (vai a versión orixinal en xaponés debaixo):

As distantes montañas
brillan nas pupilas
da libélula.


Tô-yama ga
medama ni utsuru
tombo kana.


O segundo foi publicado hai uns meses, e pertence a un libro, Metal central, dun bon amigo dos trasnos, buscador de ramas e raíces entre e para as árbores da literatura, Alfredo Ferreiro:

Os homes traballan,
traballan,
traballan e temen
que os nenos
cunha poderosa palabra
lles apunten
ao corazón.


Que vos parecen? En que vos fan pensar?

miércoles, 14 de octubre de 2009

Coñecendo a Clecla.


Clecla non é a nena da imaxe.
A nena que vedes é Alicia, a filla de Julio Medem.
Nesta fermosa curtametraxe, obra dos dous, de Julio e Alicia, podedes coñecer a Clecla.

E...quen é Clecla?? Pois, unha amiga especial de Alicia. Unha amiga como as que moitos nenos e nenas teñen. Non deixedes de coñecela: paga a pena!! Picade aquí.

Grazas a Alicia e Julio por este video, que é un auténtico agasallo para o noso tema Xentes como folerpas.

martes, 13 de octubre de 2009

Aquí está o amigo Mateus!!


Amigas e amigos:
Mateus regresou do bosque para a vosa cidade, e non deixa de pensar no maravilloso que é ver crecer –por dentro e por fóra– ás persoas que quere. Pasaste-lo ben? Agardo que si, meus pensadores rebuldeiros…
Bon, eu estiven trasneando, xa sabedes como é a nosa vida: sempre indo dun lado para o outro pensando, rindo, observando e, por suposto, compartindo horas cos amigos, tanto os que están aquí, como os que nos acompañan desde os libros, os cadros, a música ou en calquer parte do mundo.
E como primeira folla deste Setembro deixo-vos aquí unha cousa, mellor dito unha Cousa, que fala sobre quen nos pode parecer nun princípio moi diferente a nós, mais que acaba sendo, pola forza do corazón, ben semellante… A ver que vos parece (tede en conta que foi escrita por volta do 1925, hai case 85 anos, pero creo que pode ser ben actual, non?) Xa contaredes o que vos transmite (e a ti tamén, que estás a ler isto na nosa páxina…):
Esta é a versión escrita.

jueves, 1 de octubre de 2009

Unha lección maxistral.

Tras comezar o venres a andadura do noso tema Xentes como folerpas, onte disfrutamos dunha sesión moi especial:
Dentro deste proxecto imos estudar o corpo humano e, como introducción ás nosas aprendizaxes, recibimos de Fernando unha lección maxistral.
Fernando é fisioterapeuta, pero ademais é o pai de Alejandra. Gústanos moito poder escoitar a un experto no que andemos a traballar e máis aínda se é membro da nosa comunidade educativa. GRAZAS, Fernando.