Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 28 de abril de 2009

Na procura da luz.

Estas imaxes representan cinco momentos na historia da iluminación, pero... cal foi antes? cal despois? que nome reciben cada unha?
Eu xa o sei, porque ademais de consultar, hoxe escoitei unha fonte informativa moi especial: os pequechos do cole saben moito do tema!
A ver que averiguades vós!






jueves, 23 de abril de 2009

Rato sabe facer...

Despois de moito, moito practicar... mirade o que sei facer!!!
Porque a luz que nos alumea cada noite, permítenos tamén xogar, imaxinar...



Que onde aprendin? Nun día como o de hoxe... onde había ser?
Pois nas páxinas dun libro que, por certo, temos na nosa Biblio. A ver se sodes quen de atopalo e facer as sombras mellor ca min.
(Por suposto é un dos que usamos moito neste noso tema)

martes, 14 de abril de 2009

Agasallo do amigo Mateus.


Amigas e amigos:
Alégrame ben comprobar como estades aprendendo moitas cousas da luz, como a que emiten as torres, por exemplo a de Hércules, o que ven sendo normal tendo en conta quen lle dá o nome a este colexio.
Pero, coñecedes outras formas de traballar coa luz? Eu sei dunha que consiste en facer debuxos ben fermosos con area, que podemos ver grazas a que están iluminados desde abaixo. Déixovos este exemplo, e máis este outro.
E, por certo, preguntastes aos vosos pais ou profes se saben facer sombras chinesas, que ven sendo outro xogo que facemos desde tempos antigos?

A ver que averiguades…

Unha escultura da Torre.

Hoxe disfrutamos doutra ollada diferente á Torre de Hércules: a de Ana.
Ana é orfebre, pero ademais de xoias, fai esculturas con metais. Unha das súas obras é esta Torre, que hoxe nos amosou. Tamén trouxo ao colexio algunhas das ferramentas que utiliza e os bocetos da escultura.
Gustounos moito ver e escoitar o que nos explicou. Grazas, Ana, por compartir con nós a túa ollada particular á nosa Torre.