Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 29 de enero de 2009

Comezamos un novo proxecto!



Aquí tedes o díptico informativo para as familias, onde explicamos cal vai ser o contido do proxecto co que comezamos... mañá!

jueves, 22 de enero de 2009

Máis animais imaxinados.

Recén sacados do forno...máis animais imaxinados.
Axiña poderemos facer un libro con todos eles!






miércoles, 21 de enero de 2009

Libros que nos inspiran.



Este fermoso libro, ademais da ledicia de poder disfrutalo, está a realizar outra función na aula de quinto e sexto: inspirar traballos que estimulan lóxica, imaxinación, creatividade plástica e literaria... e que enchen de ilusión aos rapaces que están a facelos!






martes, 20 de enero de 2009

Moito que ver, ler, escoitar...


Nestas últimas semanas, e mentres ando a voltas co novo tema que imos traballar xuntos, enchinme de pelis, libros, CDs... que están a entrar como novidades na nosa Biblio.
Hai de todo: cine, documentais, música de aquí e de aló, contos para escoitar, libros de ficción e informativos en inglés (éstes cóstanme un chisco máis...) e, por suposto, fermosos libros que contan historias, álbumes ilustrados e libros divulgativos.
Mira! Estes son algúns deles! Cal se che antoxa a ti?

miércoles, 14 de enero de 2009

Mateus escribe pechando o tema dos avós.


Amigas e amigos:
Desde a centenária experiéncia que teño queria contar-vos algo moi importante:
Os avós posuen unha rosa secreta, crecendo no seu interior desde o dia en que nacestes, habitada a sua casa, en que entardece lentamente, polos pasos que dades camiño dos seus brazos.
Uns teñen unha barca agochada entre os ollos preparada para vos levar ao centro da lúa, outros viaxaron até os vosos soños convertidos en aves brancas, anunciadoras do sol que está a medrar en vós, ou en paseantes das cidades atravesadas de arcos-da-vella dirixidos ás illas eternamente nacidas nas vosas mans, creadoras de mundos.
Todos eles foron nenos, sen poderen adiviñar toda a luz que viria de lonxe para dar-lles un feixe de estrelas en forma dos vosos bicos. Como estades a sentir agora, o tempo é unha árbore crecendo no voso corpo, traendo o son de todos os países imaxinados aos ouvidos atentos ao rumor da vida, transformando-vos en ourives do própio destino: asi o sentiron os vosos avós, os vosos pais, e asi o transmitiredes, como a fórmula oculta do universo, a quen veña poboar de alegria a Casa: a que será tan vosa como este planeta inteiro.

viernes, 9 de enero de 2009

Punto final.

Como peche do proxecto Enrugas e Prata, velaí as imaxes do noso libro Quérote...Quéresme, como último agasllo aos avós e co mesmo agarimo co que foi feito.

jueves, 8 de enero de 2009

De volta tras o Nadal.

Despois de encherme de turrón no Nadal, comer as uvas de Aninovo e cantar os Reis polos Mallos adiante... aquí estou outra vez.
Como testemuña do que foi a festa de Enrugas e Prata, aí van unhas imaxes dese día. Mágoa que non se vexa o mellor de todo: as olladas e os sorrisos dos avós que nos acompañaron!!