Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 24 de noviembre de 2009

Coa colaboración das familias.

Coa colaboración das familias é moito o que estamos a aprender neste tema de Xentes como folerpas.
Tivemos primeiro a Fernando e Isa, que desde o seu traballo na rama sanitaria, enriqueceron os nosos coñecementos sobre o corpo humano e a saúde e o pasado venres disfrutamos de outra actividade, nesta ocasión cun enfoque social, da man da nai de Alba, Isabel, e a súa compañeira Patricia.

Elas son coidadoras no centro Santiago Apóstol e achegáronnos ao día a día das persoas que nel viven. Con elas soubemos de grúas e pañais, de como axudar a vestir a quen sofre unha parálese... e, sobre todo, de como vivir un traballo con respecto e sensibilidade.
Coñecimos tamén a experiencia do Clube de ximnasia rítmica Santiago Apostol, polo que queremos felicitar a Maribel Dapena e Julia González.

A todas elas, moitas GRAZAS. É estupendo contar na escola con fontes informativas que forman parte dela!