Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 31 de enero de 2008

No que vai de ano...




No que vai de ano, aínda non un mes, xa son tres as mamás que se animaron a ler na Biblio para os nenos e nenas de infantil.
GRAZAS, mamás, por vencer timideces e medos e facernos este agasallo.

martes, 29 de enero de 2008

domingo, 27 de enero de 2008

UN ENTROIDO ENTRE ESTRELAS

Témolo á volta de catro días, e andamos co tempo xustiño para preparar todas as cousas necesarias para a celebración.

Senón fose pola axuda do Rato, non sei se dariamos feito tanto preparativo.

Haberá...... días soleados e noites estreladas, con lúa ; algúns astrónomos que nos ensinarán como mirar as estrelas, e mesmo certos seres procedentes do mundo exterior, dalgunha desas galaxias veciñas, que queren coñecer as nosas festas, e decidiron comezar polo entroido.

Tamén haberá..... filloas, rosquillas, orellas e ... ese chocolate estupendo que nos prepara Joaquin para cando chegamos de pasear na comparsa.

jueves, 24 de enero de 2008

Da raiola ao lúar.

Si, Da raiola ao lúar é o título do proxecto co que estamos comezando a traballar. Velaí o folleto que achegamos ás familias para informalas sobre as cuestións que nos van ocupar.

lunes, 21 de enero de 2008

jueves, 17 de enero de 2008

Comeza un novo proxecto.


COMO NON!! Andamos xa metidos nun novo tema de traballo. Queredes saber o seu título? Pois, como empezo a sentir envexa do meu amigo Mateus, non volo vou decir... Hai que botarse a adiviñar!

Como pista, aí tedes unha fermosa imaxe. A súa autora é Jane Ray e está nun dos libros que imos utilizar neste tema.

Sabedes xa cal é ese tema?? Como pensades que se pode titular??

Ao trasno Mateus

Grazas, Mateus, por contestarnos desde as illas Canarias. Agardamos ansiosos o teu regreso e a túa nova adiviña. Mentres, como complemento aos fermosos debuxos de infantil, velaí o que sobre ti escribiron os grandotes na clase de lingua. Un bico. Juana.

Hai uns días o rato presentounos a un amigo un pouco estraño. Este especial personaxe é un trasno que se chama Mateus. O trasno anda agochado na biblioteca pero nunca o conseguimos ver. Escribe no noso blog e ponnos adiviñas para que nos rompamos a cabeza ata atopar a resposta.
Eu imaxínome ao trasno Mateus pequerrecho e coa cara moi fea, pero graciosa, está coxo, ten as orellas puntiagudas e un furado na man esquerda. Penso que viste cunha túnica verde que lle chega ata os pés e cun pucho vermello. HELENA - 5º.

Hai uns días coñecín ao trasno Mateus.
Leva posto un pucho vermello e unha túnica marrón. Como todos os trasnos, Mateus é pequeno, ten as orellas largas e é coxo.
A súa principal ocupación é poñernos adiviñas para que as resolvamos. O trasno Mateus é moi traveso. Foi o Rato quen nos presentou a este traveso personaxe: o trasno Mateus. BRUNO - 6º

O outro día coñecín a un amigo do Rato: o trasno Mateus. Vive na biblioteca. A súa función é poñernos adiviñas no blog e facernos trasnadas.
O trasno Mateus ten un gorro vermello, unha camiseta verde, un pantelón marrón, uns zapatos vermellos e unhas gafas redondas. É feo pero ten unha cara moi graciosa e unhas orellas puntiagudas. NEREA - 6º.

Resposta do trasno Mateus.


viernes, 11 de enero de 2008

Así te imaxinamos, trasno Mateus.

Na hora do conto, na Biblio, limos xuntos hoxe a mensaxe de presentación que fixo o Rato sobre o seu amigo Mateus.
Seguindo as súas instrucións, consultamos os libros de mitoloxía e aprendimos moito sobre Mateus e os seus colegas. Velaí os resultados: así imaxinan a Mateus algúns dos nenos e nenas de cinco anos.




1ª mensaxe do trasno Mateus

Velaí a primeira mensaxe que vos envía o meu amigo Mateus. Picade sobre ela para abrila nun tamaño superior e lela máis fácimente e... A PENSAR E ADIVIÑAR!

miércoles, 9 de enero de 2008

O meu amigo Mateus

Queridas amigas e amigos:
Aquí estou outra vez, coa barrigola ben fartiña do Nadal e a cabezola a matinar no que imos facer nestes meses.
Mentres tanto... teño unha novidade que vos ofrecer!! Veredes: teño un amigo que anda toliño por xogar con todos vós. É un personaxe peculiar: un TRASNO!
Como tal, é coxo, pequechiño e cun furado na man esquerda. Anda todo o día a rir e gústanlle as bromas e falcatruadas e, aínda máis, o feito de deixar pistas delas. Por iso, está disposto a plantexarnos adiviñas difíciles e irnos dando pistas das solucións.
Que vos parece? Queredes xogar con el?

(Por se vos queredes informar de como son estes seres, velaí dous libros que contan moito deles. Podedes atopalos na nosa Biblio)

lunes, 7 de enero de 2008

Festa de Entrambos

Velaí unha pequena mostra do que foi a nosa Festa das familias do pasado 21 de decembro, remate do proxecto Entrambos.
Nas imaxes podedes ver a chegada á escola, cos caderniños do tema expostos e retocados coa miña maxia; tamén algúns momentos da festa, imaxes do numeroso público e mesmo a presenza das súas Maxestades.