Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

miércoles, 30 de mayo de 2007

Palabras Mariñeiras


Hoxe incorporamos aos fondos da Biblio un exemplar moi especial. Situámolo neses andeis que temos para libros de Edición Propia.
O seu título é Palabras mariñeiras e é un traballo dos nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria.
Velaí algunhas das súas páxinas.


Unhas imaxes da Festa Son do Mar

Unha chea de nais, pais, avós, amigos,estiveron con nós o venres. Música, imaxes, poesía, contos e ata unha lección maxistral, encheron a nosa Biblio.


create your own slideshow

viernes, 25 de mayo de 2007

Máis páxinas do libriño Piratas

Aquí tedes máis páxinas do libriño PIRATAS,
Nesta ocasión trátase de traballos feitos polos pequechiños do colexio.



lunes, 21 de mayo de 2007

O venres temos a Festa das Familias

Esta é a invitación e o programa da festa que teremos o venres. Con ela rematamos o proxecto Son do Mar. Sabemos que a Biblio vaise encher de nais, pais, avós, amigos... Estamos contentos: sabemos que habemos vivir unha mañá especial.


O Libro dos Piratas

Velaí o terceiro e último dos Libriños que o Rato fixo para nós neste proxecto Son do Mar. Trátase dun caderno sobre piratas, no que todos nós traballamos, aprendendo os seus códigos e leis, tesouros, o seu lugar na historia, na ficción... e moito máis. Estas imaxes son dos maiores, pero todas e todos, desde infantil, temos cadanseu Libriño e traballamos coas mesmas propostas.



jueves, 17 de mayo de 2007

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A nosa Bitácora é moito máis que un lugar no que facer declaracións como as que hoxe enchen páxinas e páxinas.
Para a comunidade educativa do Colexio, incluido o noso Rato, as letras galegas son, e deben ser, a práctica cotián... Mirade este Blog.

miércoles, 16 de mayo de 2007

Outro dos cadernos - Son do Mar-


Ademais do Poemario, o Rato elaborou para nós outros dous libriños nos que estamos a traballar todos neste cuatrimestre.

Un deles é o de Grandes Navegantes , un caderno circular cunha rosa dos ventos de portada, no que fixemos traballos referidos a famosos mariños, tanto históricos como de ficción.








jueves, 10 de mayo de 2007

Máis páxinas dos Poemarios

Seguimos a traballar nos nosos Poemarios. Todos, pequechos e maiores, lemos, recitamos, ilustramos...