Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

sábado, 31 de marzo de 2007

Xurxo Souto na nosa Biblio



Hai unhas horas Xurxo foi o Rei das palabras no trono da nosa Biblio.
Nestes meses andamos a navegar nun tema que chamamos Son do mar e que se centra nalgúns dos que fixeron e fan do mar o seu lugar de vida: navegantes que sulcando mares atoparon terras; homes e mulleres piratas que por selo pasaron á historia; un pintor da nosa Coruña que encheu táboas, paredes e máis, cun mar soñado... e, como non!!, as nosas xentiñas de mar: pescadores, mariscadoras, mariñeiros, mulleres de Muro e posto de peixe... porque somos cascarilleiros e o mar tennos rodeados.


Xurxo lembrounos que nós vivimos nunha cidade-barco, suxeita á terra só pola Torre que nela nos espeta. Convenceunos da necesidade de levar sempre un cacho de pan cando nos achegamos á praia, por se fósemos quen de albiscar o retorno dun home mariño. Amosounos o xeito de invocar ao océano cunha soa palabra:
oooOOrrr-zan!!!... Todo iso e máis, moito máis, fixo Xurxo na nosa Biblio.
MI MADRIÑA!! Que grande es, amigo Xurxo. Vai para ti todo o noso respecto e agradecemento e... unha aperta poderosa!!!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Quiero que vuelva otra vez.ALDARA (4 AÑOS)

Anónimo dijo...

Nos gustò el sonido del mar en Coruña,es asì: OOOORRRZZZAAANNNN.PABLO (3 años)

alumn@s dijo...

Ola chámome Sofía. Quería decirvos que Xurxo Souto é un home simpatiquísimo. Reinme moitísimo con él e quero que volva e se quede para sempre con nós.
Sofía (6º)

alumn@s dijo...

Ola, son Antía e quería dicir que Xurxo Souto é un gran home de mar. O día que veu ensinounos moitas cousas do mar.Foi un gran convidado.

Antía(6º)

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,酒店,